Horta urbana

Quen dixo que non se podía ter unha horta na cidade? Como nos gustan os retos, decidimos construír unha horta urbana na nosa terraza. Acompañádesnos nesta aventura?


A nosa andaina no mundo da horta comeza por crearmos un bancal na nosa terraza e plantar amorodeiras para gozarmos de amorodos todo o verán. Calquera dúbida que vos xurda, deixádea nos comentarios e respondereivos o antes posíbel.

Despois de construirmos o primeiro bancal para as amorodoreiras, fixemos outro para plantar tomateiras, pementeiras e máis cousas. Gravamos todo o proceso desde cero para que poidades velo todo sen perdervos ningún detalle.

Se quixerdes aprender a facer un bancal, este é o voso titorial!

Unhas semanas despois de os amorodos naceren, descubrimos que tiñamos un grande inimigo: os paxaros. Todas as mañás viña unha pega bastante lambona a darse un banquete e non podía ser. Entón, decidimos cubrir o bancal cunha malla para evitar visitas desagradábeis.

Á parte da horta, outra das nosas paixóns son as plantas e as flores. Neste vídeo ensinámosvos a reproducir un áloe vera. Das dúas plantas que vedes na imaxe, conseguimos oito fillos.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario