Agora que chegou a tempada de sacar a barbacoa para facermos churrascadas, tamén podemos aproveitar para prepararmos estes deliciosos espetos veganos cheos de verduriñas.
Ingredientes (8 espetos):
🔸 1 terrina de tofu
🔸 ½ cabaciña
🔸 2 cenorias
🔸 8 cogomelos
🔸 8 tomates cereixa
(Eu usei estas verduras, mais en realidade podedes cambialas polas que máis vos gusten)
Preparación:
- Deixamos escorrer unha hora o tofu para que perda todo o líquido.
- Cocemos as verduras máis duras como as cenorias.
- Formamos os nosos espetos coa combinación que queiramos. Eu fun colocando na seguinte orde: tomate cereixa, tofu, cabaciña, tofu, cenoria, cogomelo cenoria.
- Untamos a nosa tixola ou a nosa grella de aceite e colocamos os nosos espetos. É importante ir dándolle voltas para que non se torren e fiquen ben feitos por todos os lados.
- Non nos esquezamos de salpementar e de botarlles as nosas especias favoritas. Eu púxenlles tomiño e romeu.
- A gozar desta delicia! Ñaaaam! 😉
🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!