Categorías
Sobremesas

Madalenas saudábeis de abelás e pebidas de chocolate


Ingredientes : ⁠

🔸 4 ovos
🔸 150 g de dátiles previamente remollados (ou o edulcorante que máis vos guste)
🔸 125 g de iogur natural
🔸 40-50 g AOVE
🔸 200 g de fariña integral.
🔸 Un sobre de lévedo en po
🔸 Unha presada de abelás
🔸 Pebidas de chocolate negro para decorar


Preparación:⁠

1. Antes de máis, temos que facer un puré de dátiles triturándoos cunha pouca auga do remollo.
2. A seguir, mesturamos todos os ingredientes, agás as abelás. De facérmolo á man, primeiro batemos os ovos e, despois, incorporamos o iogur, o aceite e a pasta de dátiles. Por último, botamos a fariña co lévedo.
3. Collemos as abelás, esmagámolas para obtermos anaquiños pequenos e engadímolas á masa.
4. Vertemos a nosa masa nos moldes e decoramos con pebidas de chocolate negro.
5. Enfornamos a 180º por uns 25-30 min.
6. Antes de sacardes as madalenas do molde, deixade que arrefríen. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala nas redes co cancelo #medialaranxa !!

2 respostas en “Madalenas saudábeis de abelás e pebidas de chocolate”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *