Vasoiras de meigas

Ingredientes :
🔸 Paus de pan
🔸 Queixo en talladas
🔸 Salchichas ou xamón cocido en liscos
🔸 Ceboliño

Preparación:⁠

1. Cortamos o queixo en tiras moi finas e atámolas aos paus de pan con axuda do ceboliño.
2. Pasamos a salchichas pola tixola, metemos o pau polo medio e cortamos dándolle forma de vasoira. Anoamos co ceboliño e listo. Feliz Samaín! 🎃

🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario