Torta de requeixo e té matcha

📝 Ingredientes:⁠

🔸 500 g de requeixo
🔸 200 ml de nata
🔸 3 dátiles
🔸 50 g de fariña
🔸 3 ovos
🔸 10 g de té matcha
🔸 Amorodos para decorar (opcional)


👉 Preparación:⁠

1. Antes de máis, cómpre quitarlle a carabuña aos dátiles.
2. A seguir, poñemos todos os ingredientes nun recipiente e trituramos todo.
3. Enfornamos a 180 °C durante 40 minutos e agardamos a que arrefríe para sacala do molde. Cando estea fría, con axuda dun coador empoamos a nosa torta co té matcha e decoramos con amorodos. Bo proveito! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario