Coquiños

Media Laranxa celebrou o seu primeiro aniversario cun concurso de receitas e o alumnado do IES Leiras Pulpeiro quixo participar. Unha das alumnas que se atreveu a pórse diante dos fogóns a cociñar foi Marta Vázquez Saavedra con estes coquiños.

Ingredientes:

  • 300 g de coco relado
  • 150 g de azucre
  • 2 ovos

Preparación:

  1. Para comezar a preparar este doce debemos romper os ovos nun caneco, batelos e ir engadindo o azucre.
  2. Despois de remexer os ovos mais o azucre ten que quedar unha masa espesa. Cando esa masa xa está moi ben batida comezaremos a botar o coco relado mentres seguimos remexendo.
  3. Cando xa teñamos os ingredientes batidos collemos a bandexa do forno e forrámola con papel vexetal. Unha vez colocado o papel ímoslle poñendo pequenas cantidades de masa coma se fosen pequenas pirámides sobre o papel.
  4. Para rematar metemos a bandexa dentro do forno (co forno a 160-180°C) e soamente nos quedaría agardar uns 15 minutiños aproximadamente ata que queden cunha cor douradiña.

1 comentario sobre “Coquiños”

Deixa una resposta a Belén Martín Franco Cancelar resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario