Pizza feita en tixola

Rápida, doada, saborosa e sen glute!

Ingredientes: ⁠

🔸 80 g de fariña de garavanzos
🔸 2 ovos
🔸 20 g de leite
🔸 20 g de AOVE
🔸 1 cullerada de ourego seco
🔸 40 g de salsa de tomate
🔸 Liscos de touciño
🔸 Queixo relado
🔸 Sal

Preparación:⁠

  1. Batemos os ovos, a fariña, o leite, o aceite, o ourego e un chisco de sal.
  2. Vertemos a masa unha tixola antiadherente e cociñamos a lume baixo durante 3 minutos.
  3. Dámoslle a volta e botamos por riba a salsa de tomate, o touciño e o queixo, ou os ingredientes que ti lle queiras engadir (xamón cocido, champiñóns…). Tapamos a tixola e deixamos que se faga a lume medio durante 15 – 20 minutos.
  4. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario