Madalenas veganas de amorodos

Ingredientes:

🔸 180 g de fariña de espelta
🔸 2 plátanos
🔸 1 sobre de lévedo en po
🔸 65 g de panela
🔸 125 ml de bebida vexetal
🔸 80 ml de aceite de oliva
🔸 Marmelada de amorodos
🔸 Unha presada de amorodos

Preparación:

  1. Antes de máis, nun cunco botamos os plátanos esmagados, a panela, o leite e o aceite e remexemos. A seguir, engadimos a fariña mesturada co lévedo e batemos até obtermos o amoado.
  2. Enchemos os moldes para madalenas co amoado até a metade. Facemos un oquiño no centro e engadimos unha cullerada de marmelada de amorodos e cubrímola con outra cullerada de amoado.
  3. Por último, esparexemos por riba anacos pequenos de amorodos e enfornamos as madalenas 20 minutos a 180ºC. Bo proveito!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario