Torta fría de requeixo


📝 Ingredientes:

🔸 225 g de galletas maría
🔸 80 g de manteiga
🔸 1 culleriña de canela en po
🔸 2 ramas de canela
🔸 1 limón
🔸 400 g de requeixo
🔸 100 ml de nata
🔸 100 g de azucre
🔸 4 láminas de xelatina
🔸 1 culleriña de esencia de vainilla
🔸 1 presada de amorodos para decorar

👉 Preparación:⁠

  1. O primeiro paso é esmiuzarmos as galletas e mesturalas coa manteiga, a reladura de limón e a canela. Estendemos a masa nun molde desmontable e deixámola na neveira.
  2. A seguir, poñemos a remollo as follas de xelatina. Mesturamos o requeixo, co azucre e a vainilla. Escoamos a xelatina e diluímola en 35 ml de agua fervendo e incorporámola ao requeixo.
  3. Montamos a nata e engadímola ao requeixo. Vertemos a crema no molde e deixamos metémola na neveira unhas 3 horas até que calle.
  4. Por último, desmoldamos e decoramos con amorodos ou coa froita que máis che guste. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario