Café dalgona

Ingredientes (para unha cunquiña de café):

🔸 1 cullerada de café solúbel
🔸 1 cullerada e media de azucre
🔸 2 culleradas de auga

Preparación:⁠
1. Nunha cunca botamos o azucre, o café e as dúas culleradas de auga case fervendo.
2. A seguir, cun batedor de man ou eléctrico, comezamos a bater até obtermos unha espuma. Saberemos que está lista cando viremos a cunca e a espuma non caia ao chan.
3. Nun vaso, caneca ou cunquiña, botamos leite, ben frío, ben quente, e engadimos a espuma por riba.
4. Podemos empoar co que quixermos. Eu púxenlle canela, mais tamén vale cacao, galletas esmiuzadas…, e a gozar do noso café dalgona! ☕😉

🍊 Se fas a receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario