.
📝 Ingredientes:
.
🔸1/ 4 de cabaza cocida
🔸1 plátano
🔸60 gr de flocos de avea
🔸Un chisco de sal
🔸Media culleriña de canela
🔸Unha culleriña de lévedo en po
.
👉 Preparación:
.
1. Machucar o plátano e a cabaza até conseguirmos un puré. Engadir o resto dos ingredientes e remover.
2. Facer galletas redondas do tamaño que se desexe e colocalas en papel vexetal.
3. Prequentar o forno á máxima potencia durante 10 minutos.
4. Enfornar as galletas 20 minutos a 180 – 200 graos. Deixar arrefriar e listo! 😉
🍊Se fas a receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!