Orellas de Entroido


Ingredientes:⁠

🔸 800 g de fariña
🔸 2 ovos
🔸 100 g de manteiga
🔸 1 vaso de leite
🔸 1 vaso de auga
🔸 1 chisco de sal


Preparación:⁠

1. Mesturamos a manteiga derretida co leite e coa auga morna e engadimos os ovos, o sal e pouco a pouco a fariña. Mesturamos todo e amasamos ben.
2. A seguir, estiramos a masa con axuda dun rolete e cortámola en rectángulos.
3. Frítense en aceite e ao sacalas, pousámolas sobre papel de cociña para que absorban o exceso de aceite e listo. Bo proveito! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas de etiquetarnos e de partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario