Peituga de polo con chourizo

Ingredientes:⁠

🔸 1 peituga de polo
🔸 2 chourizos
🔸 Pementa negra e sal


Preparación:⁠

1. Cortamos a peituga en dúas se é que non veñen xa divididas e tamén cortamos os chourizos en rodas finas.
2. Nunha tixola, torramos os anacos de chourizo durante un minuto. Cando estiveren crocantes, sacámolos do lume e reservámolos.
3. Nesa mesma tixola cun pouco de aceite, douramos as peitugas uns 6 minutos ou até estean ben feitas. Se as peitugas son moi grandes, podemos facerlle uns cortes para que se fagan mellor por dentro. Cando lles deamos a volta, botamos o chourizo por riba e salpementamos.
4. Podemos servir as peitugas sobre unha torrada con tomate e leituga, por exemplo. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario