Leite frito saudábel (sen azucre e sen fritir)

Ingredientes:⁠

🔸 600 ml de leite ou bebida vexetal
🔸 1 pau de canela
🔸 1 monda de limón
🔸 70 g de maicena
🔸 3 culleradas de mel
🔸 1 ovo
🔸 Fariña
🔸 Canela en po


👉 Preparación:⁠

1. O primeiro paso é infusionarmos o leite. Para iso, poñemos 450 ml de leite a ferver coa canela e coa monda do limón. Cando ferva, apagamos o lume e tapamos durante uns 20 minutos para que colla todos os aromas da canela e do limón.
2. Pasado ese tempo, quitamos os aromáticos e no leite que nos sobrou, disolvemos a maicena e o mel. A continuación, vertémolo no leite aromatizado e volvemos poñer ao lume sen deixar de remexer até que espese.
3. Vertemos a crema nunha bandexa e deixamos arrefriar unhas 3-4 horas na neveira até que calle.
4. Cortamos o leite callado en rectángulos e rebozámolos primeiro por fariña e despois por ovo. Colocamos os rectángulos sobre unha bandexa de forno e empoamos con canela.
5. Enfornamos a 180ºC os rectángulos de leite frito uns 10-15 minutos ou até que estean dourados e listo. Bo proveito! 😉

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

3 comentarios sobre “Leite frito saudábel (sen azucre e sen fritir)”

    1. Nunca probei a facer esta receita con bebidas vexetais. Entón, non che poido dicir moito. Porén, se o problema é que non callou ben, o truco está en non parar de remexer até que nos quede unha crema espesa. Ao final, o ingrediente principal é a paciencia! 

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario