Crema de cabaza

Empeza a chegar o frío e unha crema quentiña de cabaza agradécese. Así que hoxe tráiovos unha desas receitas que nunca falla e que sempre nos saca de apuros cando non temos moitas ganas de cociñar.

Son eu ou xa empezan a apetecer as sopas e os caldiños?

Ingredientes: ⁠
.
🔸 250 g de cabaza
🔸 1 cebola
🔸 ½ porro
🔸 Caldo de verduras
🔸 1 iogur grego
🔸 AOVE, sal e especias

Preparación:⁠

  1. Se quixeres servir a crema como na imaxe derriba, tes que cortar a cabaza pola metade, quitarlle as pebidas, baleirala cunha culler e enfornar a 200ºC durante 40 minutos.
  2. Para prepararmos a crema, o primeiro paso é rustrimos a cebola e o porro.
  3. A seguir, incorporamos a cabaza en dados, deixamos que se doure un pouco e cubrímola co caldo de verduras. De non termos caldo de verduras, podemos botarlle auga sen problema.
  4. Cando a cabaza estiver cocida, trituramos todo. Cando xa teñamos a textura de crema, engadímoslle o iogur para darlle cremosidade e batemos de novo.
  5. Por último, salpementamos e esparexemos as especias que máis nos gusten e listo. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas partillala co cancelo #medialaranxa !!

4 comentarios sobre “Crema de cabaza”

  1. Finalmente fixen a receita e saíu moi ben, non gosto de moitas especias pero estaba ben rica. Non sei se é boa idea, pero sobrou algunha e conxeleina nun bote de cristal.

    1. Que ben que che gustase! Alégrome moito!😉 Eu creo que non vai haber ningún problema en conxelala, mais nunca probei a facelo. Entón, non son unha voz fiable niso.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario