Filloas de espinacas

Ingredientes:⁠

🔸 2 ovos⁠
🔸 80 ml de bebida vexetal ou leite⁠
🔸 60 g de fariña⁠
🔸 30 g de espinacas frescas⁠
🔸 AOVE, pementa negra, sal e ourego⁠

Preparación:⁠

1. Trituramos todo xunto durante 30 segundos a máxima potencia.⁠
2. Cociñamos a lume medio e cando empecen a aparecer uns buraquiños na superficie, dámoslle a volta á filloa. ⁠
3. Casca o ovo enriba da filloa e, coa axuda dunha espátula, dobramos as esquinas.⁠
4. Tapamos a tixola e deixamos que se faga durante 5-6 minutos.⁠
5. Bo proveitooooo! ☺️

🍊 Se fas a receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa!!

2 comentarios sobre “Filloas de espinacas”

  1. Deliciosa! Eu fíxena con cimos, aproveitando os últimos… Engadinlle queixo “Galmesano”, a versión galega do parmesano.
    Moi boa receita. Parabéns.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario