Pasta con gambas e cogomelos

Imos darlle a benvida ao outono con este prato de pasta. Garda a receita e compártea se che gustou.

⁠Ingredientes:

🔸 400 g de gambas ⁠
🔸 300 g de espaguetes de ovo ⁠
🔸 400 g de cogomelos ⁠
🔸 ½ cullerada de mostaza ⁠
🔸 80 ml da auga da cocción da pasta ⁠
🔸 100 ml de leite evaporada ⁠
🔸 AOVE ⁠
🔸 Sal e pementa ⁠
🔸 Queixo parmesano ⁠

Preparación:⁠⁠

  1. Pomos unha pota a ferver cun pouco de sal e cociñamos os espaguetes seguindo as instrucións do paquete para que fique ao dente.
  2. Nunha tixola, douramos os allos e os cogomelos. Cando estean feitos, reservámolos. Nesa mesma tixola facemos as gambas. Cando estean a medio facer, engadimos os cogomelos, o leite evaporado, a mostaza, o caldo da cocción da pasta e deixamos que se remate de facer a lume baixo.
  3. Engadimos os espaguetes e cando a salsa burbulle, tapamos a tixola co seu testo e cociñamos 5 minutos máis até a salsa espesar.
  4. Á hora de servirmos, relamos un pouco de parmesano por riba e botamos un pouco de pementa e perexil se quixermos. Bo proveito!

🍊 Se fas esta receita, non esquezas etiquetarnos e partillala co cancelo #medialaranxa !!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *